Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42791

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1362/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1362/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat Rodríguez Mesías contra a empresa Bogar Asistencia, S.L., Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L., Fogasa, Concello de Sada sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despido 1362/2012.

Demandante: Montserrat Rodríguez Mesías.

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo.

Demandados:

Galicia Saudade, S.L.

Letrado:

Administrador Concursal de Galicia Saudade, S.L.

Vogar Asistencia, S.L.

Letrada: Sra. Segura Espinosa.

Concello de Sada.

Letrado: Sr. Torres Jack.

Fogasa.

Sentenza nº 549/2013.

A Coruña, 27 de setembro de 2013.

Decido.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Montserrat Rodríguez Mesías fronte á empresa Galicia Saudade, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación a aboar pola empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 2.829,67 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 31,01 euros €/día.

3. No caso de que o empresario opte pola readmisión, o traballador haberá de reintegrar a indemnización que se tivese podido recibir unha vez firme a sentenza; para o caso de que se opte pola extinción da relación laboral, haberá de compensarse a indemnización eventualmente recibida polo traballador coa que se fixou nesta sentenza.

4. Desestimo a demanda interposta por Montserrat Rodríguez Mesías fronte a Bogar Asistencia, S.L. e o Concello de Sada e absólvoos de todos os pedimentos formulados fronte a eles.

5. O Fogasa e a administración concursal de Galicia Saudade, S.L. han de pasar polo decidido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no Libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causas seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial