Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42794

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (410/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 410/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisca Milena Paz da Silva contra a empresa María Beatriz Gestal Quiza e Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 410/2011.

Demandante: Francisca Milena Paz da Silva.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandada: empresa María Beatriz Gestal Quiza.

Sentenza nº 530/2013.

A Coruña, 27 de setembro de 2013.

Decido.

Estimo a demanda formulada por Francisca Milena Paz da Silva fronte á empresa María Beatriz Gestal Quiza e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 1.563,85 euros en concepto de salarios debidos. O Fogasa deberá de pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causas seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación á empresa María Beatriz Gestal Quiza, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial