Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42796

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (148/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 148/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Pablo Mejía Blanco contra a empresa Buzoneos Galicia, S.L. sobre despedimento, se dituo a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 527/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 148/2013.

Demandante: Pablo Mejía Blanco.

Letrado: Sr. Fandiño Ucha.

Demandado: Buzoneos Galicia, S.L.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

Sentenza 527/2013.

A Coruña, 27 de setembro de 2013.

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Pablo Mejía Blanco contra a empresa Buzoneos Galicia, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con extinción da relación laboral na data desta sentenza e condeno a empresa ao aboamento ao demandante da suma de 1.037,11 euros en concepto de indemnización.

2º. O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Buzoneos Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial