Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42304

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (684/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 684/2011 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 276/2010 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Noelia Davila Barba.

Avogado: José Miguel López Pérez.

Recorridos: Javier Servando López Enríquez e Hijas, S.L., Nattex Mobilar, S.L., Remansede de TDT, S.L., López Enríquez Javier Servando y Otro, S.C., Javier Servando López Enríquez.

Avogados: (…), (…), Francisco Manuel Pampín Miras, (…), (…).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 684/2011 desta sección, seguido por instancia de Noelia Davila Barba contra a empresa Javier Servando López Enríquez e Hijas, S.L., Nattex Mobilar, S.L., Remansede de TDT, S.L., López Enríquez Javier Servando y Otro, S.C., Javier Servando López Enríquez, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Ditaminamos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Noelia Dávila Barba contra a sentenza de data sete de setembro do ano dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña, en proceso promovido pola recorrente fronte ás empresas Nattex Monilar, S.L., Javier Servando López Enríquez e Hijas, S.L., López Enríquez Javier Servando y Otro, S.C., Javier Servando López Enríquez e Remansede de TDT, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto, co número 1552, debendo indicar no campo concepto Recurso, seguido do código 35 Social casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código 35 Social casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Nattex Mobilar, S.L., Javier Servando López Enríquez e Hijas, López Enríquez Javier Servando y Otro, S.C., López Enríquez Javier Servando, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial