Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42306

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 560/2011 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 560/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 20/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Manuel Eugenio Díaz Lago.

Avogado: José Luis Feijoo Borrego.

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Recorridos: Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija, José Manuel Fouces Díaz, José Luis Rocha Portela.

Avogados: Ramiro J. Andrés González, José Manuel González-Novo Martínez, Beatriz Goicoechea Fábregas, (…), Juan Miguel Griño Pascual de Bonanza, José Antonio Fernández Fernández,(…).

Procuradores: (…), Juan Lage Fernández-Cervera, (…), (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 560/2011 desta sección, seguido por instancia de Manuel Eugenio Díaz Lago contra a empresa Groupama Seguros e Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija, José Manuel Fouces Díaz, sobre outros dereitos de Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria: María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña o catro de outubro de dous mil trece.

O anterior escrito subscrito polo letrado únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, e deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións. Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 4 de Vigo que a resolución desta sala ten sida recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asino. Dou fe.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. E para que lle sirva de notificación a Construcciones Norsema, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra.

A Coruña, 4 de outubro de 2013

A secretaria xudicial