Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42302

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2769/2011 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2769/2011 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 564/2008 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Juan Manuel Núñez Delgado.

Avogada: Lidia Vázquez Méndez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. número 15, Medical Service Integral Logistic, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2769/2011 MCR desta sección, seguido por instancia de Juan Manuel Núñez Delgado contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. número 15, Medical Service Integral Logistic, S.L., sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Juan Manuel Núñez Delgado contra a sentenza de data sete de febreiro do ano dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, en proceso promovido polo recorrente fronte á Mutua Umivale, o Instituto Nacional da Seguridade Social, e Medical Service Integral, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala - sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa Medical Service Integral Logistic, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial