Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (878/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 878/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Alborés contra a empresa AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, Fondo de Garantía Salarial, RYC Restauración, S.C., sobre despedimento, se ditou sentenza que di literalmente:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Adriana Pérez Alborés, contra A.J.P. Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, RYC Restauración, S.C. e contra Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada A.J.P. Guy y Otra, S.C., con efectos do 24 de setembro de 2012, e debo condenar e condeno a A.J.P. Guy y Otra, S.C. e a Antoine Jean Paul Guy Jaud, a que readmitan inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 19,62 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral, con aboamento á demandante dunha indemnización de 799,72 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

2. Debo absolver e absolvo a demandada RYC Restauración, S.C. de todos os pedimentos deducidos na súa contra.

3. No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lles que sirva de notificación ás demandadas AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2013

A secretaria xudicial