Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41824

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (182/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 182/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Jesús Rodríguez Vázquez contra a empresa Escayolas Gasamáns, S.L., sobre despedimento, se ditou dilixencia de ordenación que é como segue:

«Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage

En Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

Acordo:

Citar as partes para a comparecencia, que se sinala para o vindeiro día 4 de novembro de 2013 ás 12.40 horas na sede deste xulgado, coas advertencias legais, facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer.

De non asistir/en o/os traballador/es ou persoa que o/s represente, considerarase que desisten na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de citación a Escayolas Gasamáns, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

A secretaria xudicial