Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (862/2013).

Por medio deste edicto, e en virtude do acordado en resolución desta data, ditada nos autos de xuízo 862/2013, que se tramitan por instancia de José Antonio Hortas Rielo contra Reguera Trans, S.L., Explotación Agrícola Ifre, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, cítanse as empresas Reguera Trans, S.L. e Explotación Agrícola Ifre, S.L., en ignorado paradoiro, para que o día 17.9.2014, ás 10.40 horas, comparezan na sala de audiencia deste xulgado, sita na rúa Armando Durán, 1, 4º andar, de Lugo, co obxecto de celebrar o acto de conciliación e, de non haber avinza, seguidamente o xuízo. Advírteselles que ao acto para o cal son citados deberán concorrer con todos os medios de proba de que tenten valerse e que a falta de asistencia a este non suspenderá a súa celebración, polo que recaerán sobre eles os prexuízos a que houber lugar en dereito.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lles sirva de citación ás empresas Reguera Trans, S.L. e Explotación Agrícola Ifre, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de outubro de 2013

Rafael González Alió
Secretario xudicial