Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41497

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (815/2011).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditou auto do teor literal seguinte:

«Auto.

Xuíz/maxistrado-xuíz: Manuel Ángel Pereira Costas.

Vigo, 23 de maio de 2013

Antecedentes de feito:

Primeiro. No presente procedemento ditouse sentenza, que foi notificada ás partes.

Segundo. Na expresada resolución contense o seguinte parágrafo: “Procédase á cancelación da inscrición practicada no Rexistro de Bens Mobles de Pontevedra referente ao vehículo antes referido, identificado rexistralmente baixo os seguintes datos: número de entrada 20080013749, diario 11, folio 1962, asento 20080012218, número de ben 2008007094 e matrícula número 5618-GHD. Para os efectos de darlle cumprimento ao acordado, expídase o correspondente mandamento”.

Terceiro. Con posterioridade á sinatura da referida resolución, advertiuse un erro.

Acordo:

Rectificar o erro material padecido na redacción da sentenza ditada o 15 de xaneiro de 2013, no sentido de que, onde di: “Procédase á cancelación da inscrición practicada no Rexistro de Bens Mobles de Pontevedra referente ao vehículo antes referido, identificado rexistralmente baixo os seguintes datos: número de entrada 20080013749, diario 11, folio 1962, asento 20080012218, número de ben 2008007094 e matrícula número 5618-GHD. Para os efectos de darlle cumprimento ao acordado, expídase o correspondente mandamento”, debe dicir: “Procédase á cancelación da inscrición practicada no Rexistro de Bens Mobles de Pontevedra referente ao vehículo antes referido, identificado rexistralmente baixo os seguintes datos: número de entrada 20080013749, diario 11, folio 1962, asento 20080012218, número de ben 20080007094 e matrícula número 5618-GHD. Para os efectos de darlle cumprimento ao acordado, expídase o correspondente mandamento”.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución que aquí se aclara/adiciona.

Así o acorda e asina a súa señoría, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Todaeuropa Express, S.L., e para que sirva de notificación a este, expido o presente edicto.

Vigo, 24 de maio de 2013

O secretario xudicial