Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41495

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2117/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2117/2013 desta sección, seguido por instancia de Hernán de Jesús Azcona Diarte contra a empresa Fogasa, Centro de Lavado Gran Vía, S.L., José Almeida Temporao, Amadeo da Silva, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Xosé Lois Valcárcel y Valcárcel, en nome e representación de Hernán de Jesús Azcona Duarte, contra a sentenza do 11 de xaneiro de 2013, no procedemento 706/2012 seguido ante o Xulgado do Social número 3 de Vigo, sobre despedimento, contra a empresa Centro de Lavado Gran Vía, S.L. e outros, confirmando integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en forma a Centro de Lavado Gran Vía, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Gran Vía, 157, Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial