Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41499

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (189/2012).

Yolanda María Fernández Rodiño, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Generali, S.A. de Seguros y Reaseguros fronte a Óscar Javier Escudero Jiménez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza: 165/2012.

Procedemento: xuízo verbal nº 189/2012.

Sentenza.

No Porriño, 2 de novembro de 2012.

Vistos por min María del Mar Pais Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal seguidos por instancia da compañía aseguradora Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, defendida pola letrada Sra. Represas Represas e representada pola procuradora Sra. Barreras González contra Óscar Javier Escudero Jiménez, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, ditou a seguinte sentenza con base nos seguintes

Antecedentes de feito.

Fundamentos de dereito.

Decido que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Barreras González, en nome e representación da compañía aseguradora Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, contra Óscar Javier Escudero Jiménez, declarado en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 3.317,40 euros (tres mil trescentos dezasete euros con corenta céntimos) cos xuros legais correspondentes desde a demanda e ao aboamento das custas causadas.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación. A admisión do devandito recurso exixirá que no momento de interpoñelo se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións, o que deberá ser acreditado fidedignamente, sen cuxo requisito non se admitirá o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Óscar Javier Escudero Jiménez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

O Porriño, 27 de marzo de 2013

A secretaria xudicial