Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41504

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (794/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 794/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López Longa contra a empresa Coremain, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial e outros sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo desestimar e desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel López Longa, que comparece asistido polo letrado Sr. Campos Nieto, contra a empresa Coremain, S.L.U., que comparece representada polo seu apoderado Sr. Atán Castro e asistida polo seu letrado Sr. Pintos Clapes; contra o comité de empresa de Coremain, S.L.U., nas persoas de Paula Baña Fernández, Berta Candendo Santos, Marcos Cordo Agrasar, Emilio José García Villarín, Carlos Leiva Pintos, Jorge Otero López de Rego, Francisco J. Saavedra Villamor e Adrián Marzoa Tarrío, que comparecen a excepción do Sr. Marzoa Tarrío e son asistidos polo letrado Sr. Escariz Fernández; contra a empresa Centro Multiocio Brión, S.L., que comparece representada polo seu apoderado Sr. Atán Castro e asistida polo seu letrado Sr. Pintos Clapes; contra a empresa Coremain Caribe, S.L., que comparece representada polo seu apoderado Sr. Atán Castro e asistida polo seu letrado Sr. Pintos Clapes; contra a empresa Galicia Hospital Services, S.L., que comparece representada polo seu apoderado Sr. Atán Castro e asistida polo seu letrado Sr. Pintos Clapes; contra a empresa Grupo Manancial, S.L., que comparece representada polo seu apoderado Sr. Atán Castro e asistida polo seu letrado Sr. Pintos Clapes; contra a empresa Avagruma, S.L., que comparece representada polo seu apoderado Sr. Atán Castro e asistida polo seu letrado Sr. Pintos Clapes; contra a empresa Omodis, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece, declarando a procedencia do despedimento do demandante con efectos do 31.8.2012 e absolvendo as codemandadas dos pedimentos en tal sentido deducidos na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentencia ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. Pasados estes días declararase firme e procederase ao seu arquivo. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente legalmente establecida pola Lei do 20 de novembro de 2012.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Omodis, S.L. por estar en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

A secretaria xudicial