Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (406/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 406/2012 deste xulgado do social, seguido a instancia de Clara Boo Bueno contra a empresa Hogar Positivo, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Clara Boo Bueno contra Hogar Positivo, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a que lle aboe a cantidade de 4.833,80 euros, dos cales 3.367,35 euros devindicarán o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, e a suma restante o xuro do artigo 576 da LAC. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hogar Positivo, S.L., insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial