Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (208/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 208/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Almudena Boo Carril, contra a empresa Promociones Panama 14, S.L., se ditou dilixencia de ordenación que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013.

Presentados os anteriores escritos por Almudena Boo Carril, únanse á execución correspondente.

Considéranse feitas as manifestacións contidas neles. A traballadora Almudena Boo Carril presentou escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Promociones Panama 14, S.L. da obriga de readmisión. Unha vez despachado auto de execución de sentenza, de conformidade co artigo 280 da Lei de xurisdición social, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais, facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer. Fixo o vindeiro día 5.11.2013, ás 9.05 horas, para a comparecencia.

De non asistir a traballadora ou persoa que a represente, considerarase que desisten na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación da demandada por medio de edictos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de citación a Promociones Panama 14, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

A secretaria xudicial