Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (546/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 546/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Micael Gerpe Suárez contra a empresa Imperio Dama, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 512/2013.

Nº de autos: 546/2011.

Na cidade da Coruña, 26 de setembro de 2013.

Milagritos Belso Sempere, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Micael Gerpe Suárez, que comparece asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmoris, e doutra como demandada Imperio Dama, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que comparece representado pola letrada Sra. Rosa Prosper Montalvo.

En nome do rei.

Ditou a seguinte:

Sentenza.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante Micael Gerpe Suárez presentou en data 30.5.2011 demanda, que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a realización do acto de xuízo o día 26.9.2013 e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravada no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Feitos probados:

1. O demandante Micael Gerpe Suárez, maior de idade, con DNI 48110773-V, prestou servizos para a empresa Imperio Dama, S.L. desde o 10 de novembro de 2010 ao 5 de abril 2011, coa categoría profesional de camareiro, a tempo parcial e percibindo o seu salario en contía de 619,07 €/mes, con inclusión do rateo de pagas extraordinarias.

2. A empresa demandada non lle aboou ao demandante as seguintes cantidades:

Percibiu

Debía percibir

Diferenza

Nov. 2010

433,35 €

433,35 €

0 €

Dec. 2010

619,07 €

619,07 €

0 €

Xaneiro 2011

0 €

619,07 €

Febreiro

0 €

619,07 €

Marzo

0 €

619,07 €

5 días abril

0 €

103,17 €

P.p. pagas extraordinarias

0 €

123,79 €

O total debido ascende a 2.610,38 euros.

3. En data 24 de maio de 2011 tivo lugar acto de conciliación administrativa ante o SMAC co resultado de sen efecto.

Fundamentos de dereito:

Único. Os feitos que se declaran probados considéranse acreditados en virtude da proba practicada, concretamente da documental achegada ao acto do xuízo oral pola parte demandante e das alegacións do Fogasa.

O demandante achega proba documental, contratos laborais que acreditan unha relación laboral a tempo parcial, pero non achega ningunha proba que evidencie que a súa xornada laboral, tal como se pretende na demanda, fose a xornada completa.

Certo que a empresa demandada non compareceu ao acto do xuízo oral, malia estar citada en legal forma, para render confesión xudicial, polo que, de conformidade co previsto no artigo 91.2ª da LPL, esta xulgadora podería tela por confesa, pero para o exercicio da dita facultade é necesario que o demandante despregue un mínimo de proba.

Polo exposto, procede a estimación parcial da demanda en aplicación do disposto no artigo 26 e seguintes do Estatuto dos traballadores.

Ningunha responsabilidade alcanza o Fondo de Garantía Salarial nesta instancia.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Ditamino que estimando parcialmente a demanda interposta por Micael Gerpe Suárez contra a empresa Imperio Dama, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de dous mil seiscentos dez euros con trinta e oito céntimos polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ao demandante a cantidade de 2.610,38 euros.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, debendo indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «34 Social suplicación», acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Imperio Dama, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial