Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (540/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 540/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Domínguez González contra a empresa Hostelería Villarodis, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Patricia Domínguez González contra a empresa Hostelería Villarodis, S.L. debo condenar e condeno a devandita demandada a aboar á demandante a cantidade de mil seis euros con seis céntimos (1.006,06 €), así como o xuro de demora do 10 % reclamado.

Ningunha responsabilidade alcanza nesta instancia a entidade demandada Fogasa.

A anterior resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún (artigo 191.2.g) da LXS).

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíquese a presente resolución ás partes, indicando que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Milagritos Belso Sempere, maxistrada do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Villarodis, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial