Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (543/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 543/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rebeca María Paz Basich contra a empresa Hostelería Villarodis, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Rebeca María Paz Basich contra a empresa Hostelería Villarodis, S.L. debo condenar e condeno a devandita demandada a aboar á demandante a cantidade de dous mil cento corenta e sete euros con corenta e un céntimos (2.147,41 €), así como o xuro de demora do 10 % reclamado.

Ningunha responsabilidade alcanza nesta instancia a entidade demandada Fogasa.

A anterior resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún (art. 191.2.g LXS).

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Villarodis, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial