Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (158/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 158/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Monterroso Gómez contra a empresa SCR Instalaciones de Ventilación y Aire Acondicionado, S.L., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decido:

1º. Que, estimando a demanda formulada por Lorena Monterroso Gómez contra a empresa SCR Instalaciones de Ventilación y Aire Acondicionado, condeno esta a lle aboar a cantidade de 5.590,42 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, e a cantidade de 583,8 euros canto aos xuros moratorios reclamados.

2º. Todo iso coa obriga do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) de pasar pola presente resolución nos termos do art. 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846, a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.36.0158.11, o que demostrará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0158.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando a celebrar audiencia pública no día da data, de que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a SCR Instalaciones de Ventilación y Aire Acondicionado, S.L. expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

O secretario xudicial