Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41403

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (488/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 488/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ferro Vispo contra Sousarias, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda interposta por Manuel Ferro Vispo, representado polo graduado social Sr. Piñón Calvo, contra a empresa Sousarias, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo declarar e declaro que o despedimento da parte demandante, con efectos desde o 16.4.2013, constitúe un despedimento improcedente, e condeno a empresa demandada a que no prazo de cinco días, desde a notificación da presente resolución, opte entre a readmisión do traballador ou unha indemnización equivalente a 28.493,76 euros, e no caso de readmisión, a aboar os salarios de tramitación a razón de 32,16 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización enténdese que procede a primeira. E sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) corresponda.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Sousarias, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 30 de setembro de 2013

O secretario xudicial