Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41387

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (48/2013).

Número de autos: conflitos colectivos 48/2013 MAY.

Demandantes: Confederación Intersindical Galega, Federación de Actividades Diversas do Sindicato Nacional de Comisiones Obreras.

Avogado: Héctor López de Castro Ruiz, Lidia de la Iglesia Aza.

Demandado: Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT), Asociación Galega de Empresarios de Servicios Sociais (AGESS), Asociación Empresarios Servicios Sociales y Ayuda Domicilio Galicia (AESSADG).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de conflitos colectivos 48/2013 MAY deste tribunal, seguido por instancia da Confederación Intersindical Galega e a Federación de Actividades Diversas do Sindicato Nacional de Comisiones Obreras contra a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT), Asociación Galega de Empresarios de Servicios Sociais (AGESS), Asociación Empresarios Servicios Sociales y Ayuda Domicilio Galicia (AESSADG), sobre conflito colectivo, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto

Secretaria xudicial: M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 27 de agosto de 2013

Antecedentes de feito

Único. Confederación Intersindical Galega, Federación de Actividades Diversas do Sindicato Nacional de Comisiones Obreras o 23.8.2013 ante a Oficina de Rexistro e Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia presentaron demanda de conflito colectivo fronte á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT), Asociación Galega de Empresarios de Servicios Sociais (AGESS) e Asociación Empresarios Servicios Sociales y Ayuda Domicilio Galicia (AESSADG).

Fundamentos de dereito

Primeiro. A demanda presentada pola Confederación Intersindical Galega e Federación de Actividades Diversas do Sindicato Nacional de Comisiones Obreras reúne todos os requisitos formais exixidos pola LRXS, polo que procede a súa admisión e a designación como maxistrado relator conforme a quenda que corresponda de Raquel Naveiro Santos, e como restantes compoñentes da Sala Rosa María Rodríguez Rodríguez e Pilar Yebra-Pimentel Vilar.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e designar como maxistrado relator a Raquel Naveiro Santos e como restantes compoñentes da Sala a Rosa María Rodríguez Rodríguez e Pilar Yebra-Pimentel Vilar.

– Sinalar o próximo día 24 de outubro de 2013, ás 11.45 horas, para o intento conciliatorio ante o secretario xudicial, e ás 12.00 horas para o suposto de que tal conciliación non se obtivese e consecuentemente ter lugar os actos de xuízo.

– Citar as partes en legal forma coa advertencia de que, de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, poderá o/a secretario/a xudicial, no primeiro caso, e a Sala, no segundo, ter o demandante por desistido da súa demanda; e se se tratase do demandado non impedirá a realización dos actos de conciliación e xuízo, o que continurá sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Modo de impugnación: contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso por aplicación do artigo 186.4 da LRXS».

Advírteselle ao destinatario, Asociación Empresarios Servicios Sociales y Ayuda Domicilio Galicia (AESSADG), que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación e citación á citada demandada AESSADG, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial