Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41390

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (640/2012).

Na presente peza de apelación, en que se encontra como apelante María Isabel Varela Díaz e como apelados o Banco Popular Español, Grupo Financeiro Alcazar, Kicisa, S.L. e Francisco Javier Rodríguez González, ditouse sentenza que literalmente di:

«Sentenza número 188/2013.

Señores do tribunal.

Ilustrísimos señores.

Presidente:

Antonio-Juan Gutiérrez R.-Moldes.

Maxistrados:

Jaime Esaín Manresa.

Francisco Javier Romero Costas.

Na cidade de Pontevedra, catorce de maio de dous mil trece.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento ordinario 551/2010, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, aos cales correspondeu a peza de recurso de apelación R (LECN) 640/2012, en que aparece como parte apelante María Isabel Varela Díaz, representada pola procuradora dos tribunais María de los Ángeles González Rodríguez, asistida pola letrada Carmen Tarron Couto, e como parte apelada Banco Popular Español, representado polo procurador dos tribunais Juan Manuel Señoráns Arca, asistido polo letrado Jorge Castro Díaz; Grupo Financeiro Alcazar; Kicisa, S.L.; Francisco Javier Rodríguez González, sendo o maxistrado relator Jaime Esaín Manresa.

(Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos xurídicos).

Ditame: desestimar plenamente o recurso de apelación interposto pola representación de María Isabel Varela Díaz, confirmar na súa integridade a sentenza impugnada ditada en data 5 de marzo de 2012 polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Porriño, con imposición de custas da alzada á parte recorrente.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta sentenza non é firme e contra ela poderán as partes lexitimadas optar por interpor o recurso extraordinario por infracción procesual ou o recurso de casación ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, no prazo de 20 días, contados desde o día seguinte á súa notificación, conforme dispoñen os artigos 466 e seguintes e a disposición derradeira décimo sexta da LAC/00.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, Ministerio Fiscal, Estado, comunidade autónoma ou entidade local ou organismo autónomo dependente.

Una vez firme, expídase testemuño, que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia para os efectos oportunos.

Notifíqueselles así mesmo esta resolución ao/aos apelado/s rebelde/s, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a nosa sentenza, a pronunciamos, mandamos e asinamos».

E encontrándose o apelado Francisco Javier Rodríguez González en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación.

Pontevedra, 3 de xuño de 2013

O secretario xudicial