Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41385

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2215/2010).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2215/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 325/2008 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recorrente: Promociones Inmobiliarias Pennareto, S.A.

Avogada: Carmen Hernández Nieto.

Procurador: Gabriel Arambillet Palacio.

Recorridos: Fogasa, Professional Interservices, S.A., Obras y Edificaciones Seixo, S.L., Inyeuropa, S.L., Grupo Proinsa Amg, S.L., Obyser Gestion, S.L., Obrainco Promociones e Inversiones Inmobiliarias, S.L., Hilario Negreira Recarey, José Antonio Negreira Recarey, Jesús Negreira Recarey, Álvaro Méndez Gil, Proinsa Internacional Trade, S.L., Grupo Obrainco, S.L.

Avogada: Alicia Muíño Pose

Procurador: Gabriel Arambillet Palacio

Graduada social: María Ángeles García Pérez

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2215/2010 desta sección, seguido por instancia de Promociones Inmobiliarias Pennareto, S.A. contra a empresa Professional Interservices, S.A., Obras y Edificaciones Seixo, S.L., Inyeuropa, S.L., Grupo Proinsa AMG, S.L., Obyser Gestion, S.L., Obrainco Promociones e Inversiones Inmobiliarias, S.L., Hilario Negreira Recarey, José Antonio Negreira Recarey, Jesús Negreira Recarey, Álvaro Méndez Gil, Proinsa Internacional Trade, S.L., Grupo Obrainco, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, con desestimación do recurso interposto pola empresa Promociones Inmobiliarias Pennareto, S.A., confirmamos a sentenza que con data 5.2.2010 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 dos de Pontevedra, por instancia de Hilario Negreira Recarey, José Antonio Negreira Recarey e Jesús Negreira Recarey, e pola que se acolleu a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga 500 € ao letrado da parte contra a que se recorre. E igualmente acordamos, se é o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza, e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Proinsa AMG, S.L., Obyser Gestion, S.L., Obrainco Promociones e Inversiones Inmobiliarias, S.L., Grupo Obrainco, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial