Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41383

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1734/2011-RJ).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1734/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1040/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Avogado: letrado Seguridade Social.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Lirogón, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogada: María José Martínez-Fariza Conde.

Asunción Barrio Rúa, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1734/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Lirogon, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre outros dereitos Seguridade Social, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 1 de febreiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, nos presentes autos 1040/2010, tramitados por instancia da demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra os demandados: a empresa Lirogon, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e con revogación desta e desestimación da demanda, absolvemos os demandados das pretensións contra eles exercidas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra el só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lirogon, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

A secretaria xudicial