Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41381

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013 pola que se convocan para a realización do primeiro exercicio as persoas aspirantes admitidas, pola quenda de acceso libre, no proceso selectivo para cubrir seis prazas da categoría profesional técnico especialista de informática, especialidade desenvolvemento de sistemas, do grupo III, convocado pola Resolución reitoral do 31 de xullo de 2012.

Pola Resolución reitoral do 31 de xullo de 2012 (DOG do 14 de agosto) convocáronse probas selectivas para cubrir seis prazas da categoría profesional técnico especialista de informática, especialidade desenvolvemento de sistemas, tres pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre.

Á vista do acordo do tribunal que dá por concluído o proceso selectivo pola quenda de promoción interna, quedan as tres prazas desertas; polo tanto, tal como establece o punto 1.2 da convocatoria das probas selectivas, acumúlanse ás vacantes ofertadas pola quenda de acceso libre.

A Resolución reitoral do 23 de maio de 2013, no seu punto cuarto, establece que as persoas admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para realizar o primeiro exercicio mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia. De conformidade con isto,

RESOLVO:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 6 de novembro de 2013, ás 9.00 horas, na aula número 10 da Facultade de Dereito (avenida Dr. Ángel Echeverri, Campus Vida, Santiago de Compostela).

De conformidade coas bases da convocatoria, a publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios farase nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/tribunais/index.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela