Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40808

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (246/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 246/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María Vanessa Rodríguez Marcote contra a empresa José Luis Barros Moreno (Tienda Leder), Colonial Trade, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 494/2013.

Nº autos: despedimento/cesamentos en xeral 246/2013.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

Milagritos Belso Sempere, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante, María Vanessa Rodríguez Marcote, que comparece asistida do letrado José Nogueira Esmorís, e doutra, como demandado, José Luis Barros Moreno (Tienda Leder), Colonial Trade, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia estaren citados en legal forma.

En nome do rei ditou a seguinte

Sentenza

Feitos probados:

1. A demandante María Vanessa Rodríguez Marcote, maior de idade, con DNI 47374969Y, leva prestando os seus servizos laborais para a empresa demandada Colonial Trade, S.L., tenda Leder, nos centros de traballo sitos na Coruña, no Centro Comercial Espacio Coruña e Marineda City, coa categoría profesional de dependenta, cunha antigüidade desde o 4.6.2010 e percibindo un salario mensual con inclusión do rateo de pagas extraordinarias de 1.057,76 €.

2. A demandante foi despedida do seu posto de traballo habitual, por medio de boletín de notificación de despedimento por causas obxectivas con data do 13 de xaneiro de 2013, mediante carta de despedimento achegada aos autos.

3. É de aplicación o convenio colectivo de comercio vario.

4. A demandada, que non compareceu, non acreditou a concorrencia da causa de despedimento alegada.

5. Con data do 22 de febreiro de 2013 tivo lugar o preceptivo acto de conciliación ante o SMAC, co resultado de intentada sen efecto.

6. A demandante non ten nin tivo cargo de representación legal nin sindical.

7. A empresa demandada pechou todos os centros de traballo que tiña abertos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O anterior relato de feitos probados acredítase pola proba documental presentada pola parte demandante, non desvirtuada pola demandada, que non compareceu malia estar citada en legal forma e renunciou ao exercicio do dereito á súa defensa.

Segunda. Na carta de despedimento a empresa demandada alega como motivo deste causas económicas, conforme o previsto nos artigos 52.c) e 53 do Estatuto dos traballadores, sen que comparecese para acreditar a súa concorrencia.

Por isto, estando acreditada a relación laboral e o despedimento sen que se acreditase ningunha causa para este, o despedimento debe ser cualificado de improcedente, conforme o previsto no artigo 120 en relación co 108 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social e, así mesmo, facendo uso da facultade outorgada no artigo 91 da Lei da xurisdición social, para considerar a empresa demandada confesa, cos feitos alegados na demanda.

Acreditada a imposibilidade de readmisión da traballadora por peche da empresa, procede decretar nesta resolución a extinción da relación laboral, coa percepción da indemnización e dos salarios de tramitación correspondentes (artigo 286 en relación co 281, ambos da Lei da xurisdición social). Estas cantidades reflectiranse na resolución, calculadas consonte os datos que constan na declaración de feitos probados.

En consecuencia, procede estimar a demanda nos termos indicados, é dicir, con declaración de improcedencia do despedimento e extinción da relación laboral. Non procede a declaración de nulidade solicitada, dado que non se alegou nin acreditou ningún motivo para iso (artigo 108.2 da Lei da xurisdición social).

Por todo o exposto, procede estimar a demanda na súa petición subsidiaria.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Resolvo:

Que con estimación da demanda formulada por María Vanessa Rodríguez Marcote contra a empresa Colonial Trade, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante, desestimando a pretensión de que sexa declarado nulo.

Así mesmo, dada a imposibilidade da readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando a empresa demandada a que lle aboe á demandante unha indemnización por un importe de tres mil novecentos corenta euros con trinta céntimos (3.940,30 €), con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, que nesta data ascenden a oito mil novecentos cincuenta e seis euros con catro céntimos (8.956 €).

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

Modo de impugnación. Advírtense as partes de que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, co núm. 1532/0000/36/0246/13, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Barros Moreno (Tienda Leder), Colonial Trade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial