Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (764/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 764/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Gaciño Carou contra a empresa Intus Proyectos, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Ramón Gaciño Carou contra Intus Proyectos, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de seis mil douscentos euros, en concepto de salarios (6.000 euros) e axudas de custo (200 euros), máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Intus Proyectos, S.L, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

A secretaria xudicial