Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40813

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (510/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 510/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Alicia Blanco Vázquez contra as empresas Brauron, S.L., Exfoga, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Alicia Blanco Vázquez contra Exfoga, S.L. e Brauron, S.L., debo declarar e declaro que as mercantís demandadas lle deben á demandante a suma de sete mil oitocentos corenta e nove euros con tres céntimos (7.849,03 €) e, en consecuencia, debo condenar e condeno as mercantís demandadas a lle aboaren solidariamente á demandante, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET, a suma de sete mil oitocentos corenta e nove euros con tres céntimos (7.849,03 €) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Exfoga, S.L. e Brauron, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

A secretaria xudicial