Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40814

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (828/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 828/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Albalat Argüello contra Instalaciones Eurogás, S.L., Instalaciones Revigás, S.L., Servizo Integral do Gas Bregogás, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimando a demanda interposta por Óscar Alabat Argüello contra as empresas Revigás, S.L., Bregogás, S.L., e Instalaciones Eurogás, S.L., debo condenar e condeno a estas a lle aboaren solidariamente 3.905,70 euros ao demandante polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Servizo Integral do Gas Bregogás, S.L. e Instalaciones Revigás, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013

A secretaria xudicial