Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40606

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (aclaración de sentenza 358/13).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 358/13 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Marqués Barreiro contra Novafrigsa, S.A., Galiemprego E.T.T., S.L., Emprego Externo E.T.T., S.L., Adecco T.T., S.A. e Fogasa sobre despedimento, foi ditado o auto cuxo contido é o seguinte:

«Auto.

Lugo, vinte e tres de setembro de dous mil trece.

Feitos.

Único. Mediante escrito con data de entrada neste xulgado do 20.9.2013 a parte demandante Óscar Marqués Barreiro, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, solicitou que se rectificase a sentenza ditada nestes autos por erro de cálculo da indemnización, do cal se deu conta a esta xulgadora, que procedeu a ditar a presente resolución.

Razoamentos xurídicos.

Único. De conformidade co artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial: “1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan; 2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou a pedimento de parte ou do Ministerio Fiscal formulado dentro do mesmo prazo, e neste caso será resolto polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración; 3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento; 4. As omisións ou defectos que puideren padecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levalas plenamente a efecto poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecido no número anterior; 5. Se se tratar de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e substanciadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto en que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou non haber lugar a completala; 6. Se o tribunal advertir, nas sentenzas ou autos que ditar, as omisións a que se refire o apartado anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se diten, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado; 7. Do mesmo modo que o establecido para os números anteriores procederá o secretario xudicial cando se precise aclarar, rectificar, emendar ou completar os decretos que tiver ditado; 8. Non caberá recurso ningún contra os autos ou decretos en que se resolva sobre a aclaración, rectificación, emenda ou complemento a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se for o caso, contra a sentenza, auto ou decreto a que se refira a solicitude ou actuación de oficio do tribunal ou do secretario xudicial; 9. Os prazos para os recursos que procedan contra a resolución de que se trate interromperanse desde que se solicite a súa aclaración, rectificación, emenda ou complemento e, en todo caso, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación do auto ou decreto que recoñeza ou negue a omisión do pronunciamento e acorde ou denegue remediala”.

No mesmo sentido pronúncianse os artigos 214 e 215 da Lei de axuizamento civil, aplicables de forma supletoria en materia laboral.

A pretensión de rectificación da parte demandante nestes autos non pode incluírse en ningún dos supostos de feito previstos nos referidos preceptos legais, por canto non existe ningún erro material que deba ser corrixido nin ningún concepto escuro que deba ser aclarado. Tampouco se produciu omisión de pronunciamento ningún que deba ser suplido.

Non se produciu o erro de cálculo invocado pois, partindo dos valores indicados no último parágrafo dos fundamentos de dereito da sentenza e efectuando as correspondentes operacións aritméticas chégase á indemnización indicada nela. Isto sen prexuízo de que poida facer valer a súa pretensión ao presentar o recurso correspondente.

Polo exposto debe desestimarse a petición de aclaración efectuada.

Parte dispositiva.

Desestímase a petición de rectificación da sentenza ditada nos presentes autos formulada pola parte demandante Óscar Marqués Barreiro, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra o pronunciamento anterior non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada encargada do Xulgado do Social número 1 de Lugo e o seu partido. Dou fe».

E para que sirva de notificación en forma a Galiemprego E.T.T., S.L. e Emprego Externo, E.T.T., S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 23 de setembro de 2013

O secretario xudicial