Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 14 de Madrid

EDICTO (337/2013).

NIG: 28.079.00.4-2013/0014150.

Procedemento ordinario 337/2013.

Materia: resolución de contrato.

Demandantes: Beatriz Balandín Díaz, Eva Sánchez Mariscal e María Carmen Calviño Rodríguez.

Demandado: Actividades Técnicas Energéticas, S.L. e outros 7.

Acta de conciliación.

En Madrid, 8 de xullo de 2013.

Sendo o día e a hora sinalados para a celebración do intento de conciliación logo de xuízo oral, ante min, María Ángeles Charriel Ardebol, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 14 de Madrid, comparecen:

Como demandantes: María Carmen Calviño Rodríguez, con DNI 08036626N, Beatriz Balandín Díaz, con DNI 50072816E e Eva Sánchez Mariscal, con DNI 05414348X.

Asistidas do letrado Eduardo Fernández de Blas, con número de colexiado 19119.

Preguntada a parte demandante, manifesta que ratifica/non ratifica a representación a persoa que a asiste.

Como demandados: Construcción, Instalación y Servicios Integrales de Fluidos, S.A., con CIF A81658379.

Asistido de: Juan Luis de la Orden Vicente, con número de colexiado 53808, segundo escritura que exhibe e retira neste acto.

Iniciado o acto, advírtese as partes dos seus respectivos dereitos e obrigas, e exhortándoos para que cheguen a un acordo amigable, que se obtén nos seguintes termos:

– Con carácter previo a demandante manifesta que desiste da súa acción fronte ás codemandadas Hogar del Gas, S.L., con CIF B79840450, Gestión Inmobiliaria Ardi, S.L., con CIF B79158010, Actividades Técnicas Energéticas, S.L., con CIF B80309610, Hogar del Gas Madrid, S.L. con CIF B79840450, Hogar del Gas Galicia, S.L., con CIF B15700537, Gas y Calefacción, S.L., con CIF B79925293 e Aire Gas y Mantenimiento S.L.U, con CIF B79484127.

– Construcción, Instalación y Servicios Integrales de Fluidos, S.A. recoñece a improcedencia do despedimento con efectos de data desde as cartas de despedimento e ofrece polo concepto de indemnización adicional á xa percibida a razón de 30 días de salario por ano e servizo as seguintes cantidades:

A Carmen Calviño, a cantidade de 16.302,08 euros netos en concepto de indemnización e en concepto de liquidación, saldo e quitanza correspondente a salarios pendente de pagamento, 5.358,12 euros netos.

A Beatriz Balandín, a cantidade de 8.574,63 euros netos en concepto de indemnización e en concepto de liquidación, saldo e quitanza correspondente a salarios pendente de pagamento, 5.487,76 euros netos.

A Eva Sánchez, a cantidade de 11.881,50 euros netos en concepto de indemnización e en concepto de liquidación, saldo e quitanza correspondente a salarios pendente de pagamento, 5.705,40 euros netos.

As referidas cantidades serán aboadas no prazo de 72 horas mediante transferencia bancaria na conta onde as traballadoras percibían os seus salarios.

– As traballadoras aceptan, manifestando que co pagamento desas sumas non teñen nada máis que reclamar, e renuncian expresamente a calquera acción contra as empresas demandadas.

A secretaria xudicial aproba a avinza alcanzada polas partes, dando por concluído o acto e procede a continuación a ditar o decreto de aprobación, que se notifica aos comparecentes neste acto e expídese esta acta, que asinan os asistentes, do que dou fe.

NIG: 28.079.00.4-2013/0014150.

Procedemento ordinario 337/2013.

Materia: resolución de contrato.

Demandante: Beatriz Balandín Díaz, Eva Sánchez Mariscal e María Carmen Calviño Rodríguez.

Demandado: Actividades Técnicas Energéticas, S.L. e outros 7.

Número resolución:

Decreto.

En Madrid, 8 de xullo de 2013.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data 11.3.2013 presentouse a demanda da que deriva este decreto e tomáronse as resolucións precisas para a súa tramitación.

Segundo. Con data do día de hoxe formalizouse, en acta e nesta sala, conciliación entre as partes nos termos que figuran en tal acta, que se dá integramente por reproducida.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro. Conforme o previsto no artigo 84, número 2 da Lei reguladora da xurisdición social, se as partes alcanzan un acordo, sempre que non sexa constitutivo de lesión grave para algunha das partes, fraude de lei ou abuso de dereito, se ditará decreto aprobándoa e se acordará o arquivo das actuacións.

En consecuencia, xa que se obtivo avinza entre as partes e que non se aprecia lesión grave para algunha delas, fraude de lei nin abuso de dereito, procede a aprobación do acordo alcanzado polas partes.

Parte dispositiva.

Apróbase a conciliación obtida polas partes, con data do día de hoxe, nos termos seguintes:

– Con carácter previo a demandante manifesta que desiste da súa acción fronte ás codemandadas Hogar del Gas, S.L., con CIF B79840450, Gestión Inmobiliaria Ardi, S.L., con CIF B79158010, Actividades Técnicas Energéticas, S.L., con CIF B80309610, Hogar del Gas Madrid, S.L., con CIF B79840450, Hogar del Gas Galicia, S.L., con CIF B15700537, Gas y Calefacción, S.L., con CIF B79925293 e Aire Gas y Mantenimiento, S.L.U., con CIF B79484127.

-Construcción, Instalación y Servicios Integrales de Fluidos, S.A. recoñece a improcedencia do despedimento e ofrece en concepto de indemnización adicional á xa percibida a razón de 30 días de salario por ano e servizo as seguintes cantidades:

A Carmen Calviño, a cantidade de 16.302,08 euros en concepto de indemnización e en concepto de liquidación, saldo e quitanza correspondente a salarios pendente de pagamento, 5.358,12 euros.

A Beatriz Balandín, a cantidade de 8.574,63 euros en concepto de indemnización e en concepto de liquidación, saldo e quitanza correspondente a salarios pendente de pagamento, 5.487,76 euros.

A Eva Sánchez, a cantidade de 11.881,50 euros en concepto de indemnización e en concepto de liquidación, saldo e quitanza correspondente a salarios pendente de pagamento, 5.705,40 euros.

As referidas cantidades serán aboadas no prazo de 72 horas mediante transferencia bancaria na conta onde as traballadoras percibían os seus salarios.

– As traballadoras aceptan, manifestando que co pagamento destas sumas non teñen nada máis que reclamar, e renuncian expresamente a calquera acción contra as empresas demandadas.

Modo de impugnación. Contra este decreto cabe recurso directo de revisión, no prazo de tres días desde a súa notificación. O recorrente que non sexa traballador ou beneficiario da Seguridade Social deberá ingresar a cantidade de 25 euros. Este depósito deberase realizar mediante o ingreso do seu importe na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, número 2512-0000-60-0337-13.

Así o acordo e asino. Dou fe.

María Ángeles Charriel Ardebol
Secretaria xudicial

Dilixencia. A seguir cúmprese o acordado e procédese á súa notificación aos interesados polos medios e cos requisitos establecidos nos artigos 55 a 60 da LRXS. Dou fe.

NIG: 28.079.00.4-2013/0014150.

Procedemento ordinario 337/2013.

Materia: resolución de contrato.

Demandante: Beatriz Balandín Díaz, Eva Sánchez Mariscal e María Carmen Calviño Rodríguez.

Demandado: Actividades Técnicas Energéticas, S.L. e outros 7.

Número resolución:

Decreto.

En Madrid, 8 de xullo de 2013.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Este proceso promovérono María Carmen Calviño Rodríguez, Beatriz Balandín Díaz e Eva Sánchez Mariscal, e figura como parte demandada Aire Gas y Mantenimiento, S.L.U., Hogar del Gas Galicia, S.L., Gestión Inmobiliaria Ardi, S.L., Actividades Técnicas Energéticas, S.L., Hogar del Gas, S.L., Hogar del Gas Madrid, S.L., Construcción, Instalación y Servicios Integrales de Fluidos, S.A. e Gas y Calefacción, S.L., sobre resolución de contrato.

Segundo. Con data do día de hoxe, todos os demandantes desistiron expresamente da súa demanda mediante comparecencia con data do día de hoxe de Aire Gas y Mantenimiento, S.L.U., Hogar del Gas Galicia, S.L., Gestión Inmobiliaria Ardi, S.L., Actividades Técnicas Energéticas, S.L., Hogar del Gas, S.L., Hogar del Gas Madrid, S.L., e Gas y Calefacción, S.L.

Razoamentos xurídicos.

Único. A desistencia por parte do demandante ou demandantes con anterioridade aos actos de conciliación ou xuízo no proceso laboral é un acto unilateral da parte demandante que, cando afecta a todos os demandantes, produce a terminación do proceso. Procede considerar que os demandantes desisten da súa demanda (artigo 20.2 da LAC).

Parte dispositiva.

Acórdase considerar que desiste a parte demandante María Carmen Calviño Rodríguez, Beatriz Balandín Díaz e Eva Sánchez Mariscal da acción exercida neste procedemento fronte a Aire Gas y Mantenimiento, S.L.U., Hogar del Gas Galicia, S.L., Gestión Inmobiliaria Ardi, S.L., Actividades Técnicas Energéticas, S.L., Hogar del Gas, S.L., Hogar del Gas Madrid, S.L., e Gas y Calefacción, S.L.. Conciliouse fronte a Construcción, Instalación y Servicios Integrales de Fluidos, S.A.

Modo de impugnación. Contra este decreto cabe recurso directo de revisión, no prazo de tres (3) días desde a súa notificación. O recorrente que non sexa traballador ou beneficiario da Seguridade Social deberá ingresar a cantidade de 25 euros. Este depósito deberase realizar mediante o ingreso do seu importe na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banesto, número 2512-0000-60-0337-13.

Así o acordo e asino. Dou fe.

María Ángeles Charriel Ardebol
Secretaria xudicial

Dilixencia. Seguidamente se cumpre o acordado, e notifícase aos interesados polos medios e cos requisitos establecidos nos artigos 55 a 60 da LRXS. Dou fe.