Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40605

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (910/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 910/2011, por instancia de José Luis Martínez Bao contra a empresa Talleres Ría del Burgo, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 17 de setembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por José Luis Martínez Bao contra a entidade Talleres Ría del Burgo, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Talleres Ría del Burgo, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de vinte e sete mil sesenta e dous euros con cincuenta e cinco céntimos (27.062,55 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Talleres Ría del Burgo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

A secretaria xudicial