Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40604

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Cuarta)

CÉDULA de notificación (expediente disciplinario 8/2013).

Como consecuencia do expediente disciplinario 8/2013 incoado a Saturnino Segade Costoya, no día de hoxe formulouse unha proposta de sanción que se atopa á disposición do funcionario a quen se lle abriu o expediente na Secretaría da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra para que, no prazo de quince días desde a súa publicación, alegue canto considere conveniente para a súa defensa (artigo 33.2 do Regulamento de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza).

E para que sirva de notificación a Saturnino Segade Costoya, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula de notificación.

Pontevedra, 27 de setembro de 2013

A secretaria