Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de setembro de 2013 pola que se notifica a orde de suspensión de obras ditada no expediente LUG/40/2013-S1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, en substitución da directora, o 29 de agosto de 2013, resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das obras que se executan en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes na reforma e ampliación dunha vivenda unifamiliar declarada en situación de fóra de ordenación total, no lugar de Vilapedre, parroquia de Santalla de Devesa, no termo municipal de Friol.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Emilio Pirón García, en calidade de promotor das obras e copropietario do terreo onde se levan a cabo estas, e a José Antonio Mourelle Cillero, en calidade de copropietario do terreo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poderán interpor directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística