Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de setembro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/40/2013, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, en substitución da directora, o 29 de agosto de 2013 incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/40/2013 polas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na reforma e ampliación dunha vivenda unifamiliar declarada en situación de fóra de ordenación total, no lugar de Vilapedre, parroquia de Santalla de Devesa, no termo municipal de Friol.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Emilio Pirón García, en calidade de promotor das obras e copropietario do terreo onde se levan a cabo estas, e a José Antonio Mourelle Cillero, en calidade de copropietario do terreo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba en que concreten os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística