Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de setembro de 2013 pola que se dá traslado do emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/59/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar imposible a notificación ao interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/59/2013, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar illada de planta baixa, edificación auxiliar e soleira de formigón na estrada de Antepazo á Torre, Os Abares, no termo municipal de Bueu, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal a José Manuel Santos Crujeiras, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no dito artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o emprazamento para o trámite de audiencia, en que poderá examinar o expediente de reposición da legalidade urbanística e alegar e presentar, no prazo de dez días hábiles, os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do emprazamento para o trámite de audiencia que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística