Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39664

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Salamanca

EDICTO (198/2013).

Consuelo Sogo Pardo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, fago saber que no procedemento ordinario 198/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inés Barrera Rodríguez contra a empresa Ángel Ríos Quintela e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achega:

«Sentenza nº 184/13.

En Salamanca o vinte e nove de maio de dous mil trece.

Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, María Rosario Alonso Herrero, os presentes autos nº 198/2013 seguidos por instancia de Inés Barrera Rodríguez, como demandante, asistida polo letrado Enrique González Lorenzo contra a empresa Ángel Ríos Quintela, non comparecido en autos, e o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado Agustín Blanco Ledesma, como demandados, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda deducida por Inés Barrera Rodríguez contra a empresa Ángel Ríos Quintela e o Fogasa, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á demandada a cantidade de 1.501,85 euros, máis o xuro do 10 % anual para os conceptos salariais e o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos para os non salariais, con responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos legalmente establecidos.

Notifíquese a presente resolución ás partes, con indicación de que contra esta sentenza non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Ríos Quintela, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Salamanca, 2 de setembro de 2013

A secretaria xudicial