Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (119/2013).

Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber:

Que no procedemento núm. 119/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Candía López contra a empresa Leandro Javier Pernas Viña, sobre cantidade, se expediu a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar:

Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda:

Procedemento ordinario 119/2013.

Persoa que se cita:

Leandro Javier Pernas Viña, como parte/s demandada/s.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/s acto/s de conciliación e, de ser o caso, xuízo, coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Deben comparecer o día 26.2.2014, ás 10.30 horas na sede do Xulgado do Social número 1, sita no 4º andar-sala 9-Edif. Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de non avinza, ás 10.30 horas do mesmo día, no 4º andar-sala 9-Edif. Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LPL/LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social para a súa representación–, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.2 LPL/82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, se teñen que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 LPL/90.3 LXS).

4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas: o seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícase que, se non comparece, poderán considerarse certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resulten en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LPL/LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberá comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocado/a (artigo 83 LPL/LXS 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar a data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

En Lugo, 21 de marzo de 2013.

A secretaria xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Leandro Javier Pernas Viña, expídese esta cédula.

Lugo, 16 de setembro de 2013

A secretaria xudicial