Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1294/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 1294/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Eduardo Pombo Pombo contra a empresa Puertas Ramón Rama, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, se ditou sentenza, con data do 4 de setembro de 2013, coa seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Eduardo Pombo Pombo, contra Puertas Ramón Rama, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Puertas Ramón Rama, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.038,18 euros netos, incrementada co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste a para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Puertas Ramón Rama, S.L.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 16 de setembro de 2013

A secretaria xudicial