Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (318/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 318/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nuria Castro García contra a empresa Opecen Inmobiliaria, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

1. Que estimando a demanda formulada por Nuria Castro García contra a empresa Opecen Inmobiliaria, S.A., condénoa a lle aboar a cantidade de 64.572,34 euros que lle debe en concepto de complemento de produtividade. Este importe deberá ser incrementado cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

2. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6 da Lei reguladora da xurisdición social no seu inciso primeiro.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 65 0318 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0318 11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para sirva de notificación en legal forma a Opecen Inmobiliaria, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de setembro de 2013

O secretario xudicial