Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (360/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 360/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Cruz Antelo contra a empresa Onkawa Belleza, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 476/2013.

Nº autos: procedemento ordinario 360/2011.

A Coruña, 4 de setembro de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Marta Cruz Antelo, que comparece asistida de Cristina Gómez Lozano, e doutra, como demandada, Onkawa Belleza, S.L., e o Fogasa, que non comparecen.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza.

Decido.

1. Que estimando a demanda formulada por Marta Cruz Antelo contra a empresa Onkawa Belleza, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 825,82 euros que lle debe en concepto de salarios.

2. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6 da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentencia non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Onkawa Belleza, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de setembro de 2013

O secretario xudicial