Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (339/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento Seguridade Social 339/2011 de este juzgado de lo social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops contra Instituto Nacional da Seguridade Social INSS, Tesouraría Xeral da Seguridade Social TXSS, Antonio Fernando Moreira Mendes, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 480/2013.

Nº autos: Seguridade Social 339/2011.

A Coruña, 5 de setembro de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante, Mutual Midat Cyclops, representada pola letrada Blanca Fernández-Chao González-Dopeso, e doutra e como demandados, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados pola letrada Carmen García Sánchez, e Antonio Fernando Moreira Mendes, que non comparece.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza.

Decido.

Que estimo a demanda formulada por Mutual Midat Cyclops fronte a Antonio Fernando Moreira Mendes, con condena á parte demandada a reintegrar as prestacións indebidas percibidas por importe de 1.410 euros indicadas no relato dos feitos probados. Todo isto con absolución do INSS e da TXSS.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0339 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0339 11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Antonio Fernando Moreira Mendes, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de setembro de 2013

O secretario xudicial