Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39651

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2802/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 2802/2011 CG.

Xulgado de orixe/autos: demanda 185/2010 Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrentes: Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da SS nº 39.

Avogada: María del Pilar Sobrino Lacruz.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Germán Viña Torres, Concaza, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Maximino Abelenda Pérez.

Avogados: letrado Seguridade Social, letrado Seguridade Social, Alfonso Moreno Lugrís, José Nogueira Esmorís.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2802/2011 desta sección, autos 185/2010 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da SS nº 39 contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Germán Viña Torres, Concaza, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Maximino Abelenda Pérez sobre accidente, con data do 13.9.2013 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación articulado por Mutua Intercomarcal de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 39 contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, do 15 de marzo de 2011, en autos nº 185/2010, sobre responsabilidade para o pagamento de prestacións, instados pola mutua recorrente fronte a Maximino Abelenda Pérez, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a empresa Germán Viña Torres e a mercantil Concaza, S.L., confirmamos a sentenza de instancia e impoñemos á mutua recorrente o aboamento das custas do recurso, que incluirán os honorarios dos letrados da parte demandante e da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo impugnantes, respectivamente, do recurso en contía, a cada un, de 300 euros. Débeselles dar aos depósitos e consignacións, se houber, o destino correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Concaza, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Miraflores, 6, Oleiros (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de setembro de 2013

A secretaria xudicial