Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39649

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (511/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 511/2012 desta sección, seguido por instancia de contra a empresa sobre resolución de contrato, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a seguinte resolución:

A sala acorda declarar a inadmisión dos recursos de casación para a unificación de doutrina interpostos polo letrado Miguel Lamela Méndez, en nome e representación de Bienvenido Rodríguez Pérez e outros e o letrado Adolfo José López Fernández, en nome e representación de José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso e Pedro Luis Abalde García contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 30 de abril de 2012, no recurso de suplicación número 511/2012, interposto por José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso, Pedro Luis Abalde García, José Ramón Coto Iglesias, Bienvenido Rodríguez Pérez, Francisco Rico Carvalho, Manuel Vázquez Vilar, Carlos Seoane Osorno, Óscar Soto Duarte, Alberto Manuel Troncoso Oliveira, Juan Carlos Brea Míguez, Higinio Rodríguez Rico, Rosa Rivas Couto, Herminia Gómez González, Rosa Campelo Carballo, Rogelio Fernández Fernández, Domingo Pino Doval e Antonio Alonso Domínguez, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo con data do 21 de outubro de 2011, no procedemento nº 410/2010, seguido por instancia de José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso, Pedro Luis Abalde García, José Ramón Coto Iglesias, Bienvenido Rodríguez Pérez, Francisco Rico Carvalho, Manuel Vázquez Vilar, Carlos Seoane Osorno, Óscar Soto Duarte, Alberto Manuel Troncoso Oliveira, Juan Carlos Brea Míguez, Higinio Rodríguez Rico, Rosa Rivas Couto, Herminia Gómez González, Rosa Campelo Carballo, Rogelio Fernández Fernández, Domingo Pino Doval e Antonio Alonso Domínguez, contra Taguive, S.L., Industrias de Tableros Valga, S.L., Fibras de Madera, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre rescisión de contrato.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos. Seguen as sinaturas.

E para que sirva de notificación á recorrida Fibras de Madera, S.A.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de setembro de 2013

A secretaria xudicial