Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39648

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 12 de setembro de 2013 de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta axencia.

Anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). As bases da convocatoria están ao dispor das persoas interesadas (persoal laboral fixo de Agader) no taboleiro de anuncios das dependencias da Axencia.

Código do posto de traballo: AGDR 03 01 00.

Denominación: xefe/a da Área de Planificación e Dinamización.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural