Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39666

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (333/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento despido/ceses en xeral 333/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Baamonde Rego contra a empresa Frigoríficos Riveira-Mar, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Graña Mar, S.L., Marcolfer, S.A. sobre despedimento, ditouse o seguinte decreto cuxa parte dispositiva indica:

«Parte dispositiva

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda de despedimento.

Con carácter previo ao sinalamento de día e hora para a realización dos actos de conciliación e xuízo, e á vista da petición de suspensión por prexudicialidade efectuada pola parte demandante por medio de escrito de data do 1 de agosto de 2013, confírase traslado desta ás partes demandadas co fin de que no prazo de tres días aleguen o que ao seu dereito conveña.

Téndose procedido a realizar os actos de comunicación coas codemandadas Malcofer, S.A. e Graña Mar, S.L. por medio de edictos por acharse en ignorado paradoiro, tal e como consta noutros procedementos seguidos ante este xulgado, como é o caso do procedemento de despedimento 449/2012 entre as mesmas partes, procédase a conferir traslado da petición de suspensión a estas por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que ten á súa disposición na oficina xudicial deste órgano a copia da demanda e demais documentos e resolucións existentes neste procedemento e que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación en legal forma ás demandadas Marcolfer, S.A. e Graña Mar, S.L. expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

A secretaria xudicial