Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39462

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2117/2013).

Xulgado de orixe/autos: despido obxetivo individual 706/2012, Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Hernán de Jesús Azcona Diarte.

Avogado: Xosé Lois Valcárcel Valcárcel.

Recorridos: Fogasa, Centro de Lavado Gran Vía, S.L., José Almeida Temporao, Amadeo da Silva, S.L.

Avogado: Javier Pego Martínez.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2117/2013, de esta sección, seguido por instancia de Hernán de Jesús Azcona Diarte contra Fogasa, Centro de Lavado Gran Vía, S.L., José Almeida Temporao, Amadeo da Silva, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Xosé Lois Valcárcel y Valcárcel, en nome e representación de Hernán de Jesús Azcona Diarte, contra a sentenza do 11 de xaneiro de 2013, no procedemento 706/2012 seguido ante o Xulgado do Social número 3 de Vigo, sobre despedimento, contra a empresa Centro de Lavado Gran Vía, S.L. e outros, confirmando integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en forma a José Almeida Temporao, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de setembro de 2013

A secretaria xudicial