Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39464

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5465/2012-GA).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5465/2012-GA desta sala, seguido por instancia de Mónica Ferreira Paredes contra as empresas Fogasa, Promalar, S.L., Belén Sanmartín Fernández (Admón. concursal Promalar) e Admón. concursal Promalar (Sres. Sánchez Rodríguez e Comendador Alonso), sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que, rexeitando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Mónica Ferreira Paredes, contra a sentenza do catro de xullo do ano dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número tres dos de Vigo, en proceso promovido pola recorrente fronte á empresa Promalar, S.L., os administradores concursais Belén San Martín Fernández, Manuel Sánchez Rodríguez e Diego Comendador Alonso, e o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552; deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír logo da conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Promalar, S.L., actualmente en paradoiro ignorado, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de setembro de 2013

A secretaria xudicial