Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39466

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (26/2013).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Purificación Rodríguez González, en nome e representación da entidade R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., contra Juan Fernando Rodríguez Alcántara, sobre incumprimento contractual, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a suma de catrocentos cincuenta euros con cincuenta e seis céntimos (450,56 euros), incrementada co xuro legal do diñeiro desde a data de interposición da demanda, así como as custas procesuais causadas.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún de conformidade co disposto no artigo 455.1 LAC na súa redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Juan Fernández Martínez Alcántara, expídese o presente para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 12 de xullo de 2013

A secretaria xudicial