Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39467

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo

EDICTO (439/2012-S).

Mª Mercedes Santos García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo (A Coruña).

Edicto.

Fago saber que no expediente de declaración de herdeiros ab intestato seguido neste órgano xudicial co número 439/2012-S polo falecemento sen testar de Carmen Barca Suárez, acontecido na Coruña o día 29 de maio de 2012, promovido por María Barca Suárez, irmá da causante, acordouse por resolución desta data chamar aos que se consideren con igual ou mellor dereito á herdanza que os que a solicitan, para que comparezan no xulgado para reclamala dentro do prazo de trinta días a partir da publicación deste edicto, apercibíndoos de que de non o verificar recaerá sobre eles o prexuízo que proceda en dereito.

E para que así conste e a súa inserción no Boletín Oficial del Estado, expido, asino e selo o presente edicto.

Carballo, 13 de setembro de 2013

A secretaria xudicial